Friday 29 de March de 2024

O Concello de Muxía comezará o reparto de mascarillas homologadas nos sectores xa incorporados ao traballo presencial


A administración muxiá executará un reparto escalado para garantir que este material de protección chegue a toda a poboación.
O Concello de Muxía comezará co reparto de mascarillas
homologadas nos sectores laboráis xa incorporados ao traballo presencial, logo de que
hoxe, luns 13 de abril, se retomaran as tarefas designadas como ‘non esenciais’.
A administración muxiá executará un reparto escalado para garantir que este material
de protección chegue a toda a poboación, sempre seguindo as directrices da Xunta de
Galicia e do Goberno do Estado.
Entregarase, así, material homologado, o cal non exime en ningún caso de continuar
cas medidas impulsadas polas autoridades sanitarias, como son manter o
distanciamento social e lavar con frecuencia as mans.
O alcalde de Muxía, Iago Toba, explica que “estudando o contexto, vemos como mellor
opción facer o reparto de xeito escalonado, para garantir que se cubran as necesidades
de toda a poboación. Destacamos que estamos a traballar sempre con material
homologado e que cumpla os requisitos impostos por Sanidade. Son máis difíciles de
conseguir pero é a mellor opción para a veciñanza”, explica o rexedor.